Benvidos

LIFE LUGO+ BIODINAMICO “Planificación dun barrio multi-ecolóxico como modelo de  resiliencia urbana” é unha iniciativa altamente innovadora no contexto urbano europeo centrada a escala de barrios e áreas residenciais que sitúa á cidade de Lugo na vangarda da planificación urbana sustentable. Dita planificación sustentable contempla de maneira innovadora e inclusiva medidas destinadas á mitigación e adaptación ao cambio climático no contexto urbano europeo que ademais implicarán de forma activa á poboación da cidade. Este tipo de planificación será unha maneira de facer da cidade un lugar máis seguro, máis saudable, máis verde e máis vivible para os cidadáns e visitantes creando ademais numerosas e novas oportunidades de desenvolvemento.

O Concello de Lugo coordina desde inicios de 2016 este proxecto Europeo LIFE LUGO+  BIODINAMICO, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Deputación de Lugo e a Universidade Politécnica de Madrid. O proxecto LIFE Lugo+ Biodinámico sitúase no contexto dos programas LIFE Climate Change Adaptation da UE, no marco das accións polo clima: MEDIDAS DE MITIGACION E ADAPTACION ao CAMBIO CLIMATICO

O proxecto LIFE LUGO+ BIODINAMICO ten como obxectivo principal “Establecer de maneira práctica na Cidade de Lugo unha estratexia innovadora de planificación urbana destinada a actuacións de escala intermedia en barrios e áreas residenciais para conseguir tecidos urbanos  resilientes e adaptados ás consecuencias e efectos do cambio climático.” O AREA DE  ACTUACION do proxecto LIFE LUGO+ BIODINAMICO localízase no ámbito do "CINTURON VERDE" que envolve a toda a cidade, desde o Oeste ao Noroeste, seguindo os cursos fluviais do Miño, Rato e Fervedoira, e cuxa previsión aparece recollida no Planeamento Xeral (PXOM-2011), dentro do novo Modelo de Ordenación Territorial, que se deseña para a Cidade de Lugo, nas proximidades dos parques empresariais de O Ceao e do parque empresarial de Garabolos. Abordarase a súa planificación ambiental e paisaxística baseada na identificación e ordenación do Parque Lineal Verde da cidade e o deseño dun Plan Estratéxico de Infraestruturas Ecolóxicas.