O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico participou esta semana nun encontro co LIFE WaterCool de Sevilla que tivo como obxectivo o intercambio de experiencias de deseño urbano para a adaptación ao cambio climático.

O LIFE WaterCool ten como obxectivo desenvolver solucións innovadoras para combater as altas temperaturas e o tratamento da auga en Sevilla. Estes obxectivos, compartidos co LIFE Lugo + Biodinámico, foron o principal eixo da conversa. No encontro participaron membros de ambos proxectos, que puxeron en común as diferentes experiencias que en cada unha das dúas cidades se están a levar a cabo no marco do programa LIFE.

Este tipo de creación de sinerxías sirven non só para a dar a coñecer o proxecto propio, senón tamén para aprender e beneficiarse de iniciativas e ideas que están a colleitar un gran éxito noutras cidades medias europeas, coma neste caso.