Rede de Cidades polo Clima

A Rede Española de Cidades polo Clima aglutina cidades e municipios de todo o Estado comprometidos co desenvolvemento sostible e a proteción do clima.

O obxectivo desta rede, pertencente á Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) é promover a colaboración entre entidades e organismos públicos para fomentar o desenvolvemento e implementación de políticas locais de sostenibilidade, facilitando a posta en común de coñecementos, a difusión e o intercambio de experiencias exitosas. Os seus focos de acción son a eficiencia enerxética, o desenvolvemento de enerxías renovables e o urbanismo sostible.

Lugo é miembro da Rede Española de Cidades polo Clima dende o ano 2007.
Dende LIFE Lugo + Biodinámico animamos a todas as cidades a formar parte desta importante iniciativa.