Replicabilidade

O Programa LIFE é un instrumento financeiro da Unión Europea dedicado ao medio ambiente, co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento sustentable e ao logro dos obxectivos da Unión en materia de medio ambiente e clima.

O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico quere contribuír a desenvolver unha estratexia de planificación urbana para lograr unha adaptación efectiva ao cambio climático a escala de barrio ou veciñanza residencial.

Seguindo a estratexia de sustentabilidade, replicabilidade e transferencia dos resultados do proxecto, LIFE Lugo + Biodinámico promoverá o intercambio de experiencias e boas prácticas entre proxectos similares sobre solucións de adaptación das contornas urbanas ao cambio climático.