Accións e Obxectivos

OBXECTO DO PROXECTO

O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico quere contribuír a desenvolver unha estratexia de planificación urbana para lograr unha adaptación efectiva ao cambio climático a escala de veciñanza ou barrio residencial, visualizando este non como unha ameaza, senón como unha oportunidade para a mellora da calidade dos espazos urbanos, considerando o cambio climático como reto, e a necesidade crecente de rexeneración dos ámbitos urbanos como o seu contexto.

Para iso establece un programa de actuacións cunha duración de catro anos e medio que inclúe un amplo abano de 28 accións relacionadas entre si, que van desde o coñecemento do escenario climático de referencia, o marco analítico e a visión estratéxica do emprazamento, o catálogo de solucións de deseño urbano, definición das infraestruturas ecolóxicas do ámbito de actuación e a planificación detallada de zonas de confort climático residencial, ata as accións de silvicultura de frondosas autóctonas, cultivos enerxéticos no medio urbano, do souto, recuperación e posta en valor dun humidal e creación dun arboretum con especies forestais galegas.

As ditas accións compleméntanse coas de establecemento de actuacións de agricultura urbana de chan e altura, adaptación de sistemas construtivos con materiais autóctonos de baixa enerxía incorporada e co deseño e execución dun proxecto piloto, un edificio demostrativo construído totalmente con alta tecnoloxía da madeira e que se denominará “impulso verde”.

As accións complétanse coas correspondentes monitorizacións dos resultados a nivel físico, ambiental e socioeconómico, coa avaliación do impacto do proxecto, coa comunicación e diseminación de resultados e coa transferibilidade e replicabilidade da experiencia. A finalidade é que os procedementos desenvolvidos poidan servir de exemplo demostrativo para a súa aplicación noutros municipios e entidades locais de cidades de tamaño medio (como a de Lugo) de maneira que estas poidan ofrecer novas vías alternativas de actuación ante o escenario do cambio climático e as consecuencias que se derivan del para as contornas urbanas.

Con todo, o obxectivo definido do proxecto é: “Poñer en práctica na cidade de Lugo unha estratexia innovadora de planificación urbana destinada a actuacións de escala intermedia de barrios ou áreas residenciais para conseguir tecidos urbanos resilientes e adaptados ás consecuencias e efectos do cambio climático”.

O PODER TRANSFORMADOR DA MADEIRA

Pola súa importancia estratéxica, destácase neste apartado a aposta do proxecto polo desenvolvemento e achega de valor engadido a un sector clave no ámbito da comunidade galega: o sector de transformación da madeira.

Así, o proxecto, por unha banda, establece na súa acción C4 “Silvicultura de frondosas autóctonas no medio urbano para produción de madeira de calidade”, a plantación dunha parcela demostrativa de catro hectáreas, considerando catro especies de frondosas autóctonas, a saber: cerdeira (Prunus avium); freixo (Fraxinus excelsior); pradario (Acer pseudoplatanus) e carballo (Querqus robur). A citada parcela ten como obxectivo, ademais da creación dunha área verde naturada á disposición da cidadanía, realizar unha experiencia demostrativa do potencial de produción de madeira de calidade, como produto renovable, reciclable, neutro en termos de carbono, de elevada eficiencia enerxética e de elevada calidade para distintas transformacións industriais.

Por outra banda, establécese nas súas accións C10 “Adaptación de sistemas construtivos con materiais autóctonos de baixa enerxía incorporada e análise doutras tecnoloxías adaptables” e C11 “Deseño e execución do Proxecto piloto IMPULSO VERDE”, un traballo de investigación da USC – Campus Lugo, baseado no emprego da madeira local, co fin do desenvolvemento de produtos estruturais de madeira, confort de altas prestacións e valor estético, para favorecer a substitución dos materiais que teñen un alto custo enerxético de uso habitual na construción actual. Para iso preténdese a incorporación de produtos no mercado que favorezan e poñan en valor o aproveitamento da madeira local, poñendo en funcionamento as explotacións forestais, e incrementando en consecuencia a absorción do CO2.

Ademais, coa construción do edificio de madeira “IMPULSO VERDE”, preténdese crear un referente de cambio na loita contra o cambio climático para a sociedade galega, propoñendo un novo modelo construtivo de edificación en altura con estrutura de madeira galega, respectuoso co medio ambiente, actuando como centro de referencia en formación e divulgación na acción polo clima. Este edificio supoñerá unha alternativa real e medible ás edificacións convencionais altamente contaminantes e de baixa eficiencia enerxética (baseados fundamentalmente nas tecnoloxías de aceiro e de formigón armado). Esta infraestrutura preséntase como un fito construído como anticipatorio do novo barrio multiecolóxico que se proxecta para dotar de gran capacidade de “adaptación” e “resiliencia” ás contornas urbanas, pola súa capacidade de replicación e evolución no tempo.

ACTUACIÓNS

ACCIÓNS PREPARATORIAS

ACCIÓN A1: ORGANIZACIÓN PREVIA E PLANIFICACIÓN DO PROXECTO

ACCIÓN A1: ORGANIZACIÓN PREVIA E PLANIFICACIÓN DO PROXECTO

Conxunto de actividades previas dirixidas a establecer a organización, planificación e lanzamento do proxecto. Constituirán a base metodolóxica e procedimental do proceso de execución e avaliación do proxecto, e promoverá a identificación de todas as persoas e entidades implicadas na súa execución.

ACCIÓN A2: REDACCIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE COMUNICACIÓN DO PROXECTO.

ACCIÓN A2: REDACCIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE COMUNICACIÓN DO PROXECTO.

Redacción do documento que se encarga de xestionar a imaxe que desde o Concello de Lugo quérese proxectar sobre a sociedade para o coñecemento. extensión e posta en práctica da idea xeradora do proxecto.

ACCIÓN A3: ESTUDO DO ESCENARIO CLIMÁTICO DE REFERENCIA.

ACCIÓN A3: ESTUDO DO ESCENARIO CLIMÁTICO DE REFERENCIA.

Valoraranse as predicións de Cambio Climático establecidas polos distintos escenarios considerados polo IPCC para a área central da provincia de Lugo. Nese sentido, indicarase o rango de predicións para as variables de referencia máis importantes para o desenvolvemento da vexetación, a biodiversidade, e o establecemento e mantemento de áreas verdes na contorna urbana: precipitación anual, precipitación estival, temperatura media anual, temperatura media nos meses estivais e frecuencia de eventos extremos de vento (temporais).

Tamén se establecerán os riscos posibles, incluíndo a problemática da mortaldade do arboredo urbano, dificultades de establecemento ou problemas asociados ás pólas e riscos que implican sobre os viandantes.

ACCIÓN A4: MARCO ANALÍTICO E VISIÓN ESTRATÉXICA DO EMPRAZAMENTO.

ACCIÓN A4: MARCO ANALÍTICO E VISIÓN ESTRATÉXICA DO EMPRAZAMENTO.

A Acción “Marco Analítico” e localización piloto do proxecto será introducida, explicada e analizada. Así mediante o emprego de cartografía de planos, desenvolvemento de enquisas e traballos de observación a pé de campo, serán explicitadas e visualizadas as fortalezas, debilidades, oportunidades e impactos do emprazamento seleccionado. Esta fase analítica introdutoria conformará tamén a base de coñecemento do contexto referido á localización específica seleccionada, o que permitirá dar comezo posteriormente á fase de Deseño e Implementación.

ACCIÓNS DE IMPLEMENTACIÓN

ACCIÓN C1: CATÁLOGO DE SOLUCIÓNS DE DESEÑO URBANO “ADAPT+”

ACCIÓN C1: CATÁLOGO DE SOLUCIÓNS DE DESEÑO URBANO “ADAPT+”

Esta acción consiste en, a partir das conclusións extraídas do Escenario Base de Cambio Climático e das estratexias seleccionadas para facer fronte ás súas consecuencias, desenvolver o “Catálogo de Solucións Xenéricas de Deseño Urbano”, ao obxecto de definir un panorama completo de medidas de intervención urbana para ser aplicadas na Estratexia de Adaptación Climática en ámbitos residenciais de escala intermedia.

ACCIÓN C2: PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS ECOLÓXICAS: PLAN ESPECIAL BIODINÁMICO

ACCIÓN C2: PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS ECOLÓXICAS: PLAN ESPECIAL BIODINÁMICO

Desde unha Perspectiva Ecosistemática nesta Acción exponse o deseño dun Plan Biodinámico de Adaptación Progresiva Ambiental e Socioeconómica ao Cambio Climático no emprazamento seleccionado, para estruturalo a partir de infraestruturas ecolóxicas e de soporte da biodiversidade que tratarán de potenciar os ecosistemas urbanos existentes, buscando a súa autorregulación e a súa autorrexeneración.

Acódese a un modelo biodinámico de “Planificación flexible” do territorio que se materializa nun Instrumento de Plan Guía de Adaptación Climática “en progresión”, construído no tempo polos actores implicados, e desenvolvido en etapas sucesivas, que determinará as prioridades estratéxicas para a planificación das novas estruturas urbanas resilientes, e que responderán a un modelo urbano máis sustentable e duradeiro.

ACCIÓN C3: PLANIFICACIÓN DETALLADA DE ZONAS DE CONFORT CLIMÁTICO RESIDENCIAL (ZCCR)

ACCIÓN C3: PLANIFICACIÓN DETALLADA DE ZONAS DE CONFORT CLIMÁTICO RESIDENCIAL (ZCCR)

As novas Áreas Residenciais ordenaranse como “Zonas de Confort Climático (ZCCR)”. partindo do estudo do ” microclima urbano” como pivote de referencia. e considerando un dos seus principais fenómenos en que se manifesta a súa variación como é o efecto “Illa de Calor Urbana”.

Preténdese que estas Zonas Residenciais conforman no Ámbito de Actuación unha “rede acolledora de espazos” para os cidadáns, ante as condicións microclimáticas da contorna urbana.

ACCIÓN C4: SELVICULTURA DE FRONDOSAS AUTÓCTONAS NO MEDIO URBANO PARA PRODUCIÓN DE MADEIRA DE CALIDADE.

ACCIÓN C4: SELVICULTURA DE FRONDOSAS AUTÓCTONAS NO MEDIO URBANO PARA PRODUCIÓN DE MADEIRA DE CALIDADE.

Establecerase un Parcela Demostrativa de 4 has considerando 4 especies de frondosas autóctonas en Galicia, na provincia, e na cidade de Lugo como son: cerdeira (Prunus avium), freixo eurosiberiano (Fraxinus excelsior), pradairo (Acer pseudoplatanus) e carballo (Quercus robur), co obxectivo de servir como área verde e experiencia demostrativa do potencial de produción de madeira de calidade, como produto renovable, reciclable, neutro en termo de Carbono, de elevada eficiencia enerxética e de elevada calidade para distintas transformacións industriais.

ACCIÓN C5: CULTIVOS ENERXÉTICOS NO MEDIO URBANO: BIOCOMBUSTIBLES DE ELEVADA EFICIENCIA ENERXÉTICA.

ACCIÓN C5: CULTIVOS ENERXÉTICOS NO MEDIO URBANO: BIOCOMBUSTIBLES DE ELEVADA EFICIENCIA ENERXÉTICA.

Establecerase un Parcela Demostrativa de 1 ha, considerando 2 clons de chopos frugais e con boa adaptación a chans acedos no medio atlántico, e dous clons de Miscanthus x giganteus que demostraron unha boa adaptación ás condicións galegas en parcelas de demostración que se seguiron durante 20 anos.

ACCIÓN C6: ESTABLECEMENTO DUN SOUTO CON VARIEDADES TRADICIONAIS.

ACCIÓN C6: ESTABLECEMENTO DUN SOUTO CON VARIEDADES TRADICIONAIS.

Nesta acción preténdese establecer un pequeno Souto no que se atopen representadas variedades galegas recomendadas para a comarca (Parede, Garrida, Ventura, Negral e Rapada; as dúas últimas utilizadas como polinizadores, enxertadas sobre patróns híbridos recomendados para a zona e compatibles coas variedades propostas (clons 7521 e/ou 2671). ocupando 3,6 ha. Constituirá un reservorio de recursos autóctonos e será utilizado paralelamente con finalidade didáctica.

ACCIÓN C7: RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DUN BOSQUE DE RIBEIRA.

ACCIÓN C7: RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DUN BOSQUE DE RIBEIRA.

Esta acción consiste en desenvolver unha serie de accións directas de conservación así como, de sensibilización (exposicións, conferencias, carteis de sinalización e interpretación etc) que permitan por unha banda, a recuperación e posta en valordo humidal nun polígono industrial, e doutra banda dar coñecer os seus valores ecolóxicos, ambientais e sociais para favorecer a súa conservación.

ACCIÓN C8: ESTABLECEMENTO DUN ARBORETUM

ACCIÓN C8: ESTABLECEMENTO DUN ARBORETUM

Trátase de crear un “Arboretum” mediante a plantación de numerosas especies de arbustos e árbores autóctonos ofrecendo unha reprodución dos hábitats naturais de Galicia. O Arboretum terá unha superficie aproximada de 5 ha, e para o seu establecemento aproveitaranse as zonas que actualmente rodean o humidal existente, establecéndose aproximadamente unhas 55 novas especies na súa composición.

ACCIÓN C9: AGRICULTURA URBANA DE SOLO E ALTURA

ACCIÓN C9: AGRICULTURA URBANA DE SOLO E ALTURA

Situaranse tanto nas parcelas experimentais das Zonas Verdes do Emprazamento seleccionado. como nas fachadas e azoteas de edificios existentes no ámbito, en función dos traballos previos de análises e deseño.

ACCIÓN C10: ADAPTACIÓN DE SISTEMAS CONSTRUTIVOS CON MATERIAIS AUTÓCTONOS DE BAIXA ENERXÍA INCORPORADA E ANÁLISE DOUTRAS TECNOLOXÍAS ADAPTABLES.

ACCIÓN C10: ADAPTACIÓN DE SISTEMAS CONSTRUTIVOS CON MATERIAIS AUTÓCTONOS DE BAIXA ENERXÍA INCORPORADA E ANÁLISE DOUTRAS TECNOLOXÍAS ADAPTABLES.

Preténdese a incorporación de produtos no mercado que favoreza e poña en valor o aproveitamento da madeira local, poñendo en funcionamento as explotacións forestais , e incrementando consecuentemente a absorción de CO2

Desenvolverase un panel de madeira contra laminada en “Pinus pinaster”, que formará parte da estrutura do edificio piloto, e un sistema estrutural para cubertas denominado Gridshell en madeira de Eucalyptus globulus.

ACCIÓN C11: DESEÑO E EXECUCIÓN DO PROXECTO PILOTO “IMPULSO VERDE”.

ACCIÓN C11: DESEÑO E EXECUCIÓN DO PROXECTO PILOTO “IMPULSO VERDE”.

A Actuación Piloto demostrativa Impulso Verde nace coa vocación de converterse nun referente de cambio na loita contra o Cambio Climático da sociedade galega propoñendo un novo modelo construtivo respectuoso co medioambiente e un Centro de Referencia en formación e divulgación na Acción polo clima. Trátase de crear un edificio que suporá unha alternativa aos modelos construtivos convencionais. Altamente contaminantes e de baixa eficiencia enerxética (baseados fundamentalmente nas tecnoloxías do aceiro e o formigón armado), a través do emprego de novos produtos estruturais e construtivos de orixe local de alta calidade e respectuosos co medioambiente. Pretende, por tanto, converterse nun referente da aplicación de técnicas de construción sustentable que poida servir de exemplo material para actuacións futuras, tanto a nivel construtivo como enerxético e urbano.

SEGUIMENTO DO IMPACTO DAS ACCIÓNS DO PROXECTO

ACCIÓN D1: IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO. PEGADA ECOLÓXICA E CONTROL DE EMISIÓNS DE CO2.

ACCIÓN D1: IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO. PEGADA ECOLÓXICA E CONTROL DE EMISIÓNS DE CO2.

A acción comporta tres actividades absolutamente relacionadas co deseño das cidades e cos comportamentos da cidadanía; a súa importancia pódese calibrar en relación coas tres reflexóns seguintes:

  • A relación inexorable entre o medio ambiente e a sustentabilidade do desenvolvemento
  • A importancia do estilo de desenvolvemento
  • A tendencia inexorable da poboación cara á urbanización
ACCIÓN D2: MONITORAXE DINÁMICA

ACCIÓN D2: MONITORAXE DINÁMICA

Esta acción realízase para efectuar un seguimento e rexistrar o consumo enerxético real do Proxecto Piloto “Impulso Verde”, analizando ao mesmo tempo o confort ambiental e a calidade do aire interior. Desta maneira, unha vez coñecidos estes datos, poderá avaliarse de maneira global e precisa os consumos enerxéticos, o confort dentro do inmoble e a eficacia dos sistemas expostos, tanto a nivel de deseño como de execución

ACCIÓN D3: IMPACTO SOCIAL

ACCIÓN D3: IMPACTO SOCIAL

A acción trata de coñecer o grao de implicación e participación da Poboación local sobre os efectos e consecuencias do Cambio Climático na contorna urbana da cidade constitúe unha prioridade da Estratexia do Programa Life.

ACCIÓN D4: AVALIACIÓN DO IMPACTO SOCIO-ECONÓMICO DO PROXECTO

ACCIÓN D4: AVALIACIÓN DO IMPACTO SOCIO-ECONÓMICO DO PROXECTO

Nesta Acción avaliarase o grao de percepción dos cidadáns de Lugo respecto dos efectos e consecuencias do Cambio Climático na cidade, mediante dúas roldas de enquisas. A primeira terá lugar con carácter previo ao comezo das actividades do proxecto. A segunda terá lugar ao final do proxecto.

COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN DA RESULTADOS

ACCIÓN E1: SITIO WEB DO PROXECTO

ACCIÓN E1: SITIO WEB DO PROXECTO

Acción encargada de crear o website do proxecto LIFE LUGO+ BIODINAMICO. Ten por obxectivo a construción dunha plataforma de visibilidade do proxecto.

ACCIÓN E2: PANEIS INFORMATIVOS LIFE LUGO+BIODINÁMICO

ACCIÓN E2: PANEIS INFORMATIVOS LIFE LUGO+BIODINÁMICO

Consiste na elaboración, por parte do Coordinador Beneficiario responsable da Estratexia de Comunicación, de paneis informativos co obxecto de difundir o proxecto a unha ampla audiencia local.

ACCIÓN E3: INFORME DIVULGATIVO: “LAYMAN’ S REPORT”

ACCIÓN E3: INFORME DIVULGATIVO: “LAYMAN’ S REPORT”

Trátase de elaborar o Informe Layman do proxecto.

ACCIÓN E4: PLAN OPERATIVO DE DIFUSIÓN E MATERIAIS DE COMUNICACIÓN

ACCIÓN E4: PLAN OPERATIVO DE DIFUSIÓN E MATERIAIS DE COMUNICACIÓN

Esta acción consiste no deseño e a definición dun plan operativo de difusión do proxecto, e na elaboración dos materiais de comunicación asociados ao devandito plan (logotipos, folletos, newsletters ou boletíns periódicos, notas de prensa, insercións en medios de comunicación, etc.).

ACCIÓN E5: EVENTOS DE DIFUSIÓN E TRANSFERENCIA

ACCIÓN E5: EVENTOS DE DIFUSIÓN E TRANSFERENCIA

A acción consiste na organización de eventos destinados á difusión e transferencia de resultados do proxecto desenvolvido. Serán organizados polo Concello de Lugo/Evislusa, co apoio dos Socios USC/UPM, e contando coa participación do resto de entidades participantes no Proxecto.

XESTIÓN E SEGUIMENTO DO PROGRESO DO PROXECTO

ACCIÓN F1: XESTIÓN E SEGUIMENTO DO PROXECTO

ACCIÓN F1: XESTIÓN E SEGUIMENTO DO PROXECTO

Acción de xestión interna do proxecto.

ACCIÓN F2: ACCIÓNS EN REDE CON OUTROS PROXECTOS

ACCIÓN F2: ACCIÓNS EN REDE CON OUTROS PROXECTOS

Acción para promover o intercambio de experiencias e boas prácticas entre cidades de solucións de adaptación das contornas urbanas

ACCIÓN F3: PLAN DE COMUNICACIÓN POSTERIOR A LIFE

ACCIÓN F3: PLAN DE COMUNICACIÓN POSTERIOR A LIFE

Trátase de deseñar e desenvolver un Programa de Comunicación dirixido a garantir a difusión do proxecto unha vez finalizada a súa execución.

ACCIÓN F4: AUDITORÍA

ACCIÓN F4: AUDITORÍA

Auditoría financeira do Proxecto