O programa LIFE da UE

O Programa LIFE da Unión Europea nace coa intención de proporcionar financiamento para a defensa do Medio Ambiente e a Acción polo Clima.
O seu obxectivo é ser o catalizador dos cambios en polítcas de desenvolvemento e medio ambiente, aportando solucións e melloras de cara á consecución de obxectivos medioambientais e climáticos.
Ademais, como instrumento financieiro busca promover a utilización de tecnoloxías innovadoras en materia de medio ambiente, aplicando o Programa Xeral de Acción da Unión Europea en materia de Medio Ambiente “Vivir ben, respectando os límites do noso planeta”.
LIFE é un programa xestionado pola Axencia Executiva para as Pequenas e Medianas Empresas (EASME).

LIFE Lugo + Biodinámico

Proxecto para a planificación e desenvolvemento dun barrio multiecolóxico como modelo de resiliencia urbana.

Número de proxecto: LIFE14 CCA/ES/000489.