O luns día 28 de decembro saiu a licitación a contratación da asistencia externa para a elaboración da “Planificación detallada de zonas de confort climático residencial (ZCCR)” do LIFE Lugo + Biodinámico.

O anuncio foi publicado na páxina web da Plataforma de Contratación do Sector Público do Ministerio de Facenda. Esta Planificación detallada das zonas de confort climático residencial, correspondente ás accións C3 do Proxecto, servirá para dotar ao Barrio Multiecolóxico de áreas residenciais etiquetadas como Zonas de confort climático, partindo do estudo do “microclima urbano” como pivote de referencia. O obxectivo final é que estas Zonas Residenciais conformen no Ámbito de Actuación unha “rede acolledora de espazos” para os cidadáns, ante as condicións microclimáticas da contorna urbana.

O prego de condicións recolle a contratación desta asistencia externa, cunha dotación total de 55.000 € e pode consultarse aquí. As propostas poden ser presentadas ata o vindeiro 28 de xaneiro de 2021.