CONSTRUÍNDO CIDADES SOSTIBLES

Encontro de cidades e proxectos de acción polo clima en contornas urbanas

LIFE Lugo + Biodinámico é un proxecto europeo impulsado polo Concello de Lugo, pioneiro na planificación ecosostible en cidades de tamaño medio, que aproveita o uso de recursos naturais propios e potencia a economía verde.
Entre as medidas desenvolvidas figuran a construción do primeiro edificio público levantado con madeira de Galicia, o deseño do primeiro Barrio Multiecolóxico de España e a elaboración dun catálogo de solucións de deseño urbano, actuacións demostrativas exportables a outras cidades europeas. Inclúe tamén a creación de espazos divulgativos para a comunidade científica e a sociedade en xeral, coa creación dun bosque urbano no que destacan especies arbóreas e arbustos autóctonos que amosan o uso potencial das mesmas para o desenvolvemento dun urbanismo sostible de acción polo clima.

Este encontro celebrarase no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo en formato híbrido (telemático e presencial). O aforo presencial está limitado a 75 persoas.

PROGRAMA

Luns 19 de Decembro (Presencial e Online)

PRESENTACIÓN

09:15 – PRESENTACIÓN

• Presentación Institucional a cargo de:
Representante institucional do Concello de Lugo.
Representante institucional da Deputación de Lugo.
Representante institucional da Universidade de Santiago de Compostela.
Representante institucional da Universidad Politécnica de Madrid.

• Presentación da Iniciativa Pacto dos Alcaldes.
Meline González-Piloyan. Project Coordinator and Policy Advisor. Covenant of Mayors.

• Presentación dos obxetivos do Encontro.
Boris Hinojo. Xerente do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.

SESIÓN 1: Planificación urbana de adaptación ao cambio climático

10:00 – 11:30

• Barrio Multiecolóxico. Plan Estratéxico Biodinámico LIFE Lugo + Biodinámico.

José Alonso. Arquitecto.

• Planificación de zonas de confort climático residencial.

Rubén Nieto Seijas. Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos. Xerente Terravanza

Roberto Pardo Barro. Dr. Arquitecto. Redactor colaborador. Profesional independente.

Pausa Café

11:30 – 12:00 PAUSA CAFÉ

SESIÓN 2: Solucións de desenvolvemento urbano sostible

12:00 – 13:30

• Catálogo de Solucións de Deseño urbano sostible LIFE Lugo + Biodinámico.

Jesús Ángel Martínez Espiñeira (Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos)

Jorge Gómez Cereijo (Arquitecto)

• LIFE CerSuds, Sistema Urbano Drenaxe Sostible.

Javier Mira. Coordinador da área de Hábitat do Instituto de Tecnología Cerámica.

• Proyecto HOOP: Hub de cidades circulares para impulsar as inversións en tecnoloxías de valorización de correntes residuais urbanas.

Maria Tortosa. Responsable do proxecto e Project Manager en Cetaqua.

SESIÓN 3: Solucións verdes na contorna urbana

16:00 – 17:45

• LIFE Water Cool.

Lucas Perea Gil. Xefe de Cooperación e Fondos.

• LIFE Lungs.

Inês Freire. Xerente do proxecto (Câmara Municipal de Lisboa)

• Bosque urbano As Gándaras LIFE Lugo + Biodinámico.

Antonio Rigueiro. Catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela.

• As hortas urbanas no proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.

Luis Ruiz García. Profesor Titular na Universidad Politécnica de Madrid.

Pausa

17:45 – 18:00 PAUSA

SESIÓN 4: Madeira local como solución construtiva de acción climática

18:00 – 19:30

• Edificio Impulso Verde. LIFE Lugo + Biodinámico.

Belén Feijóo. Arquitecta. Técnico superior de investigación en PEMADE-USC (Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da Universidade de Santiago de Compostela).

• LIFE Wood for Future.

Manuel Guaita. Director de PEMADE.

• Certificación FSC.

Gonzalo Anguita. Director Executivo FSC España.

Martes 20 de Decembro (Exclusivamente Presencial)

Visita ao Bosque urbano de Lugo

09:30 – 12:00

• Presentación das diferentes accións demostrativas desenvolvidas na contorna das Gándaras de Lugo para a creación do denominado bosque urbano das Gándaras. Realizarase un percorrido guiado a través das diferentes áreas: a área de frondosas autóctonas, de cultivos enerxéticos, o souto, o arboretum e o humidal das Gándaras-Ceao.

• Presentacións a cargo dos responsables do Concello de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidad Politécnica de Madrid.

• Localización: https://goo.gl/maps/xY8HVuSSjRSuffCy7

Visita ao edificio Impulso Verde

12:00 – 13:30

• Durante a visita ao edificio presentaranse aspectos da súa construción, os seus materiais e a súa eficiencia enerxética, prestando especial atención á construción con madeira. También se explicarán aspectos da urbanización do edificio, o Barrio Multiecolóxico e das futuras hortas urbanas na zona.

• Presentacións a cargo dos responsables do Concello de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidad Politécnica de Madrid.

• Localización: https://goo.gl/maps/KfZmqefqE9rgDR387

Clausura do Encontro

13:30 – 13:45 CLAUSURA DO ENCONTRO