Lara Méndez asistiu á Xornada de benvida do novo alumnado do campus de Lugo na que se salientaron as múltiples colaboracións que existen entre a universidade e o Concello de Lugo, como é o proxecto Life Lugo + Biodinámico, que axudará no cambio a un novo modelo de cidade sostible.

A alcaldesa dedicou unhas agarimosas palabras aos alumnos e alumnas do campus de Lugo: “Benvidos a Lugo, á mellor cidade do mundo e concretamente ó campus Terra de Lugo, o mellor campus que podiades elixir para prepararvos para o voso futuro, que dende o Concello de Lugo traballaremos para que sexa nesta cidade”. Tamén destacou ao alumnado que nas súas mans “estará vivir e axudar a construír un novo modelo de municipio sostible, pioneiro na loita contra o cambio climático”.