Este ano o proxecto LIFE Lugo+Biodinámico tamén participa na 6ª edición do Campus de Verán Xuvenciencia destinado a alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC que se celebrará do 2 ao 6 de xullo no Campus Terra de Lugo.

LIFE Lugo+Biodinámico participará a través dos profesores e técnicos da USC co proxecto Arboredo urbano: medindo a tasa de fixación de carbono no proxecto LIFE Lugo+ Biodinámico, cuxo objxectivo é medir un dos grandes beneficios do arboredo urbano: a cantidade de gases de efecto invernadoiro que retiran da atmosfera, así como a taxa de fotosíntese.

Visitaránse as accións de implantación vexetal que se desenvolven no polígono das Gándaras (Lugo), no marco do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico: C4 (plantación de frondosas para producción madeireira), C5 (cultivos enerxéticos de Miscanthus e chopo), C6 (implantación de souto de castiñeiro), C7 (proposta de espazo natural de interese local no humidal de cabeceira do río Rato) e C8 (arboretum das formacións forestais máis representativas de Galicia).

Como traballo de campo realizaranse varias medicións mediante GPS de precisión, vertex en modo distanciómetro e toma de datos de alturas e diámetros das plantas. Croquizaranse sobre plano as actuacións visitadas e tomaranse datos adicionais con medidor portátil de clorofila sobre as follas do arboredo plantado. Nunha segunda xornada en aula de informática empregaranse varias aplicacións para procesar a información recollida en campo.