Entre os días 15 e 18 de novembro celebráronse en Ponferrada, no Campus de El Bierzo da Universidad de León as Xornadas técnico-científicas Biocastanea 2018, dentro da Feria de la Castañicultura en El Bierzo. Este evento estivo dirixido a estudantes, propietarios de plantacións, produtores, técnicos e axentes comerciais relacionados co castiñeiro e todos os seus derivados. O seu obxectivo estivo posto en transmitir os avances e estado da arte da investigación e produción en torno á castaña.

Durante estas xornadas instalouse unha exposición sobre o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, para dalo a coñecer e poñer o foco sobre a recuperación das especies autóctonas, concretamente sobre a plantación e primeiras producións do souto.

Toda a información sobre o evento pode atoparse aquí.