O pasado 18 de febreiro Daniel Piñeiro, o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo, visitou os estudos de Onda Cero Lugo para realizar unha entrevista con Lourdes Abuide sobre o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.
Nela comentou as diferentes iniciativas que se están a desenvolver xa na actualidade e as futuras actuacións do proxecto, así coma as implicacións e beneficios que suporán para a cidadanía e a contorna da cidade.

Podes escoitar a entrevista completa aquí: Audio - Entrevista a Daniel Piñeiro en Onda Cero