Esta semana o LIFE Lugo + Biodinámico vén de incorporar á plataforma de replicabilidade do proxecto ao LIFE RenaturalNZEB.

Este proxecto LIFE, de iniciativa extremeña e lusa, busca investigar novos materiais e sistemas de construción mediante prototipos reais que posibiliten a creación de edificios de baixo consumo enerxético, dentro das accións para a Economía Verde e Circular da Junta de Extremadura, dentro da súa estratexia Impulsa Extremadura 2030. O proxecto, impulsado pola Dirección General de Arquitectura da Junta de Extremadura conta tamén como socios co Instituto Tecnológico de Rocas Ornamentales y Materiales de Construcción (INTROMAC), a Universidad de Córdoba e URVIPEXA en España e por parte de Portugal participan AMORIM ISOLAMENTOS e o Instituto de Investigação e Desenvolvimento Tecnológico para a Construção, Energia, Ambiente e Sustentabilidade (ITECONS).

O obxectivo da colaboración entre ambos proxectos LIFE é o establecemento de sinerxias de cara a compartir información e experiencias no impulso e desenvolvemento de solucións con compoñentes naturais e reciclados que permitan reducir a pegada de carbono dos edificios, orientadas a acadar Edificios de Consumo Enerxético Case Nulo e de carácter natural.

Agardamos que esta colaboración traia moi boas novas para ambos proxectos.