Os pasados 11, 12 e 13 de outubro celebrouse en Bragança (Portugal) o III Simpósio Nacional da Castanha. Este encontro estivo organizado pola RefCast (Associação Portuguesa da Castanha) e a Sociedade de Ciências Agrárias de Portugal, coa colaboración do Instituto Politécnico de Bragança, que cedeu as súas instalacións para a celebración do mesmo.

Dentro do marco das actividades do Simposio instalouse unha exposición sobre o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico a cargo do Departamento de Producción vexetal e proxectos de enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, do Campus Terra. Juan Luis Fernández Lorenzo, Esther Fernández Núñez, Pablo Fraga Gontán e Antonio Rigueiro Rodríguez foron os investigadores encargados de elaborar o contido da exposición na que se presenta e desenvolve a Acción C6 do proxecto, Plantación dun Souto:

Descarga: Presentación LIFE Lugo + Biodinámico Bragança

Esta exposición enmárcase dentro das accións de divulgación e presentación de LIFE Lugo + Biodinámico , nas que a Universidade de Santiago de Compostela participa como socia para a investigación e desenvolvemento do proxecto.