Esta semana o LIFE Lugo + Biodinámico participará no Lignomad19, que se está a celebrar en Santiago de Compostela dende hoxe luns e ata o mércores 3 de xullo. Este encontro está organizado pola rede para o impulso da madeira e outros materiais lignocelulósicos no sector da construción, e ten como obxectivo dar a coñecer o traballo desenvolvido polos membros e colaboradores da mesma. Ademais, este encontro é un espazo imprescindible para todos os profesionais do sector de cara a xerar sinerxias con outros técnicos, empresarios, fabricantes e mesmo estudantes relacionados co sector.

Este evento contará tamén coa presenza do outro proxecto LIFE que se está a desenvolver no Campus Terra, o LIFE EcoTimberCell.

Todas as actividades desta edición do Lignomad estanse a retransmitir vía streaming, polo que mañá martes ás 10h15 poderá seguirse a palestra impartida polo LIFE Lugo + Biodinámico, que leva por nome: “Acciones demostrativas con productos estructurales realizados con especies gallegas en el marco del Proyecto LIFE Lugo + Biodinámico” a través desta ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=85kE9kH80Go

O programa pode consultarse e descargarse por completo nesta páxina. A inscrición está pechada dende hai semanas, con cheo absoluto, polo que agardamos que a nosa participación xere un gran interese entre as persoas asistentes.