A proposta do Concello para declarar o Humidal das Gándaras como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) recibiu unha boa acollida por parte do Pleno Municipal celebrado a pasada semana. Esta proposta foi aprobada por unanimidade e será trasladada á Xunta de Galicia nos vindeiros días, coa fin de mellorar a protección ambiental e os usos do Humidal.

Este espazo é, na actualidade, unha das principais áreas de actuación do LIFE Lugo + Biodinámico, e será, de aprobarse pola Xunta, o segundo espazo que obteña ese recoñecemento na provincia, xunto co ENIL de Loio Ruxidoira, na Paradela.

Agardamos que pronto teñamos novas positivas e así continuar traballando no desenvolvemento dun Plan de Conservación específico para esta área.