O Programa LIFE da Unión Europea, baixo o que se desenvolven as actividades e iniciativas do LIFE Lugo + Biodinámico, cumpre 30 anos.

Para celebralo, o Programa inicia o sábado 21 de maio unha campaña entre os diferentes proxectos que o conforman para festexar esta data sinalada. Entre as múltiples accións que se desenvolverán con tal motivo, estase a levar adiante unha campaña en redes sociais que, baixo o hashtag #LIFEis30, recolle as felicitacións e creatividades conmemorativas elaboradas polos diferentes proxectos que se están a desenvolver por toda Europa.

Entre elas tamén se atopan as do LIFE Lugo + Biodinámico, que podes descargar aquí e compartir tamén nas túas redes sociais!

Tags: