LIFE Lugo + Biodinámico recibiu esta semana a visita de persoal técnico do Concello de Carballo e da profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Esta visita enmárcase dentro das actividades destinadas a divulgar o proxecto e dar a coñecer en profundidade as súas accións, orientadas desta volta na replicabilidade das mesmas no concello de Carballo, aproveitando o coñecemento que se está a extraer do proxecto nestes meses.

Durante este encontro estiveron presentes o xerente do proxecto, Boris Hinojo así coma persoal técnico da Universidade de Santiago de Compostela coma Roque Rodríguez, Cristina Eimil, Esther Fernández, Manuel Guaita e Belén Feijóo, a arquitecta municipal do Concello de Lugo Susana Penedo e o concelleiro Daniel Piñeiro. As convidadas foron, pola Universidade da Coruña Mónica Mesejo, profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura, e polo Concello de Carballo a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana Milagros Lante e o arquitecto municipal Alfredo Garrote.

Esta reunión xorde a partir das xornadas Planifik celebradas en Sarria o pasado ano, nas que tanto o Concello de Lugo coma o de Carballo participaron impartindo charlas sobre os seus modelos de desenvolvemento urbano e actividades.