Este 25 de abril celébrase en Madrid o Encontro de Proxectos LIFE de Adaptación ao Cambio Climático.
Esta xornada, que está organizada polo proxecto LIFE Shara da Fundación Biodiversidad, contará coa presenza de 20 proxectos LIFE de España e Portugal que teñen como nexo a adaptación ao cambio climático.

O obxectivo desta xuntanza é a posta en común dos logros acadados por cada unha das iniciativas ata hoxe, así como partillar as dificultades para a posta en marcha de cada unha das actuacións e os retos que afrontan para conseguir os obxectivos propostos. Ademais, dentro da finalidade dos proxectos LIFE a nivel europeo está a xeración de sinerxias entre estas iniciativas, para desenvolver traballo en rede e que todos poidamos aprender das experiencias dos demais.

Nas vindeiras semanas estarán dispoñibles na nosa sección de Sinerxias os proxectos cos que o LIFE Lugo + Biodinámico comezará a colaborar a partir deste encontro.