Phillyrea angustifolia L.

Aderno, labiérnago blanco

Arbusto sempre verde de crecemento rápido e porte denso moi ramificado dende a súa base que pode chegar ata os 5 m de altura. A casca do tronco e ramas é lisa e de cor parda grisácea, escurecendo na madurez. Especie resistente, tolerante á seca, que require exposición soleada.

Familia: Oleaceae
Xénero: Phillyrea

Distribución: Rexión mediterránea occidental. Case toda a Penísula. Dende o nivel do mar ata os 1.000 m de altitude.

Follas: simples, opostas, coriáceas, estreitas, de bordo enteiro, de cor verde escura pola face e máis pálidas polo envés.

Flores: tetrámeras, moi pequenas e pefumadas, de cor branca verdosa, en grupos na axila das follas.

Froito: é unha drupa pequena, carnosa, de cor negra azulada na súa madurez. Non comestible pero serve de alimento para aves.

Observacións: planta melífera. Moi usada en xardinería como especie ornamental e pola súa resitencia á poda. A súa casca é usada para curtir coiros polo seu contido en taninos.