Quercus petraea (Matt.) Liebl.

Carballo albar, roble albar

Árbore caducifolia de copa ampla que pode acadar os 40 m de altura. Crece en solos silíceos e calcarios en zonas con humidade ambiental.

Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus

Distribución: Europa e Asia occidental. Na Península Ibérica podemos atopala no norte e en zonas montañosas do centro peninsular. Dende os 300 ata os 1.800 m de altitude. En Galicia é moito máis escaso que o carballo común (Quercus robur L.).

Follas: simples, ás veces con apariencia de fasciculadas, lobuladas, aparentemente lampiñas, caducas, de cor verde escura pola face e algo máis claras polo envés, pecioladas e cuneiformes na súa base.

Froito: landras de cor amarela (aquenios protexidos na súa base por unha cúpula con forma de cáliz recuberta de escamas imbricadas) que se dispoñen sentadas sobre as ramiñas, característica que a diferencia do carballo común (Quercus robur L.)

Observacións: a súa madeira é de moi boa calidade. As landras utilízanse como alimento para o gando e tamén son alimento para a fauna silvestre.