Pterospartum tridentatum (L.) Willk.

Carqueixa, carquesa

Arbusto rastreiro ou erecto, de ramas ríxidas, con 5 ou 6 costelas aplanadas e onduladas, dúas delas aparecen como ás de cor verde.

Familia: Leguminosae
Xénero: Pterospartum

Distribución: Península Ibérica e norte de Marrocos. Dende o nivel do mar ata os 1.700 m de altitude. Frecuente en Galicia nas matogueiras seriais. Silicícola.

Follas: ausentes ou pouco desenvolvidas, o talo e as ás substitúen ás follas na función asimiladora.

Flores: pentámeras, de cor amarela, cáliz bilabiado, hermafroditas, zigomorfas (en bolboreta), dispostas en inflorescencias terminais. Carecen de néctar, polo que non son visitadas polas abellas. Florece de febreiro a maio.

Froito: legume veluda, polisperma e comprimida lateralmente, con sementes provistas dun estrofiolo branco.

Observacións: Bo combustible. Uso medicinal polo seu contido en flavonoides (diurética, remedio contra a tos, artrose, reuma, gota). Uso ornamental.