Erica vagans L.

Carrasca branca, biércol/brezo

Arbusto sempre verde que pode acadar os 80 cm de altura. A casca do talo e de cor crema de nova e vermella ao madurar, glabra ou pubescente, con costelas.

Familia: Ericaceae
Xénero: Erica

Distribución: Orixinaria de Europa occidental. Na Península Ibérica é frecuente no norte. Dende o nivel do mar ata os 1.600 (1.900) m de altitude. En solos ácidos ou neutros.

Follas: simples, estreitamente lineares, en verticilos de 4-5, erecto-patentes, de cor verde escura pola face e envés abrancazado, de bordo tan revoluto que o envés queda casi oculto (follas ericoides).

Flores: bisexuais, tretámeras, actinomorfas, en acio subterminal, de cor rosada, lila ou, ás veces, abrancazada. Nos racimos as flores dispóñense arredor das ramiñas floríferas e as inflorescencias están coroadas pola prolongación das ramiñas con follas pero sen flores. Androceo con 8 estames coas anteras saíntes pola boca da corola. Florece de xuño a setembro.

Froito: cápsula globosa e glabra que se abre por 4 valvas.

Observacións: O epíteto latino “vagans” significa errante, en botánica podemolo traducir por: de distribución vaga ou pouco definida. O crecemento deste arbusto é maioritariamente horizontal polo que se utiliza para recubrir o terreo, por exemplo en noiros.