Quercus ilex subsp. ballota (Desf.) Samp.

Carrasca, encina

Árbore lonxeva, de crecemento lento, que acada 25 m de altura. Moi resistente á seca, soportando tamén temperaturas altas e o frío. Pode vivir en terreos silíceos e calcarios. Pode chegar a vivir 700-800 anos. A súa casca é dura, con fendas e de cor escura.

Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus

Follas: simples, perennes, alternas, cando son novas teñen o borde aserrado e son espiñentas polo que pinchan ao tocalas. As follas adultas son coriáceas, de redondas a elípticas e de borde enteiro, de cor verde escura pola face e gris-branquecinas e tomentosas (con pelos) polo envés.

Froito: a landra, de sabor doce, moi importante na alimentación humana e animal dende tempos antigos. Son aquenios protexidos na súa base por unha cúpula con forma de cáliz recuberta de escamas imbricadas

Observacións: as súa madeira é moi dura e resistente, utilizase na carpintaría. Bo combustible.