Quercus faginea Lam.

Caxigo, quejigo

O caxigo é unha árbore que pode acadar os 20-25 m de altura. A súa casca é de cor parda-agrisada, con fendas superficiais, e moi rugosa. A súa copa é ampla. Dende os 500 ata os 1.500 m de altitude.

Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus

Distribución: Especie endémica da Península Ibérica e do norte de África. Moi rara en Galicia.

Follas: simples, alternas, de marxe serrada e caedizas, aínda que algunhas poden permanecer secas na árbore ata a primavera seguinte (marcescentes). Cubertas de pelo ao nacer.

Flores: pouco vistosas e unixesuais monoicas. As flores masculinas agrúpanse en amentos colgantes de cor amarela e as femininas dispóñense sentadas sobre as ramiñas. Florece de marzo a abril.

Froito: aquenios protexidos na súa base por unha cúpula con forma de cáliz recuberta de escamas imbricadas, son landras de sabor amargo que se dispoñen sobre un pedúnculo curto.

Observacións: a madeira do caxigo e a súa leña son de moi boa calidade.