Prunus mahaleb L.

Cerdeira de Santa Lucía, cerezo de Santa Lucía

Arbusto ou pequena árbore de tronco moi ramificado e sen espiñas. A súa casca é brillante de nova e negra e agretada en plantas adultas.

Familia: Rosaceae
Xénero: Prunus

Distribución: centro e sur de Europa, oeste de Asia e noroeste de África. En Galicia é unha especie pouco representada. Dende os 100 ata os 2000 m de altitude.

Follas: caducas, simples, alternas, con forma de corazón, coa beira serrada, de cor verde brillante pola face e algo máis pálidas polo envés.

Flores: pentámeras, bisexuais, brancas e moi olorosas, en acios curtos corimbiformes. Florece de marzo a xuño.

Froito: drupas, cereixas pequenas de sabor amargo e cor negra.

Observacións: A súa madeira é moi dura e apreciada pola súa cor rosada e porque desprende un olor moi agradable. Esta especie é moi empregada para facer bonsáis.