Cistus populifolius L.

Esteva, jarón, jara macho

Arbusto sempre verde de ata 2,5 m de altura, moi ramificado, de cor verde intensa e aromática, con ramiñas glabras ou con escasos pelos e con casca escura. Especie calcífuga.

Familia: Cistaceae
Xénero: Cistus

Distribución: Sur de Francia, Península Ibérica, norte de África. Dende os 200 ata os 1.500 m de altitude. Silicícola. En Galicia aparece nas áreas de clima mediterráneo da parte oriental, sobre todo nos vale dos ríos Miño e Sil.

Follas: simples, opostas, pecioladas, con forma triangular, base acorazonada e ápice puntiagudo, perennes, rugosas ao tacto, lampiñas, grandes.

Flores: pentámeras, bisexuais, solitarias, de cor branca, con 5 sépalos, numerosos estames amarelos e un ovario pentacarpelar súpero. Son actinomorfas (con simetría radial). Florece de marzo a xullo.

Froito: cápsula dehiscente por 5 valvas, algo veluda no ápice, de cor escura.

Observacións: O nome “populifolius” alude á forma das follas, parecidas ás de algúns chopos (Populus spp.). A súa casca é rica en taninos, polo que se utilizou para curtir o coiro. Uso ornamental. Planta melífera.