Crataegus monogyna Jacq.

Estripeiro ou espiño albar, espino albar

Arbusto caducifolio moi ramoso e espiñento. A súa casca verde ou avermellada cando nova vólvese de cor gris escura cos anos.

Familia: Rosaceae
Xénero: Crataegus

Distribución: Europa, oeste de Asia e norte de África. Na Península Ibérica é moi abundante. Dende o nivel do mar ata os 2.200 m de altitude.

Follas: caducas, simples e alternas, lobuladas.

Flores: pentámeras, de cor branca, reunidas en inflorescencias de tipo corimbiforme. Florece de febreiro a xullo e a súa floración é moi abundante, aromática e vistosa.

Froito: carnoso, pomo de cor vermella ao madurar e con un óso no interior. Comestible.

Observacións: A súa madeira, dura e densa, úsase en tornería. O froito serve de alimento á fauna silvestre durante o inverno, sobre todo ás aves. Esta especie é moi utilizada como ornamental pola súa vistosa e aromática floración, densa ramificación e corido dos froitos. Uso medicinal das súas flores. As follas novas utilízanse en ensaladas e o froito para facer marmeladas.