Malus sylvestris (L.)Mill.

Maceira brava, manzano silvestre

A maceira brava é unha árbore de follas caducas que pode alcanzar os 10 m de altura. A súa casca é verde e lisa ao inicio e pardo-grisácea e agretada na madurez e as pólas abundantes e con espiñas.

Familia: Rosaceae
Xénero: Malus

Distribución: Europa, Suroeste de Asia. Na Península Ibérica é abundante no norte mentras que no sur soamente aparece nos sistemas montañosos.
Dende o nivel do mar ata os 1.800 m de altitude aproximadamente.

Follas: caducas, simples, alternas, coa marxe serrada, rematadas en punta curta, pelosas ao nacer e lampiñas ao madurar, con peciolo longo, de cor verde escura pola face e algo máis claras polo envés.

Flores: pentámeras, bisexuais, de cor branca ou rosada. Nacen en grupos de 3-6. Florece na primavera.

Froito: mazá (pomo) pequena, comestible pero de sabor acedo, madura no verán.

Observacións: A súa madeira, dura, utilízase en ebanistería e tornería. Combustible de boa calidade. O froito utilízase para facer sidra, vinagre e é alimento para a fauna silvestre.