Myrtus communis L.

Mirto, mirto

O mirto é un arbusto aromático sempre verde e moi ramoso, que pode alcanzar 1-5 m de altura. Prefire solos silíceos que non se encharquen. Soporta xeadas débiles.

Familia: Myrtaceae
Xénero: Mirto

Distribución: sur de Europa, norte de África e Asia. Dende o nivel do mar ata os 1.000 m de altitude aproximadamente.

Follas: simples, opostas, persistentes, lanceoladas, coriáceas, brillantes, coa marxe enteira, verde escuras pola face e máis claras polo envés. Moi aromáticas.

Flores: pentámeras, bisexuais, brancas, solitarias, sobre pedúnculos axilares longos. Moi olorosas. Florece na primavera-verán.

Froito: baga comestible de cor azul escura cando madura no outono.

Observacións: As follas, flores e froitos do mirto utilízanse na perfumería polo seu contido en aceites aromáticos. Uso ornamental. Uso medicinal. Os froitos serven de alimento á fauna silvestre.