Sorbus aria (L.) Crantz

Mostallo, serbal blanco, mostajo

Árbore caducifolia de copa máis ou menos densa que pode alcanzar os 20-25 m de altura. A súa casca é de cor gris e lisa, que se vai agretando coa idade. Indiferente ao tipo de solo (calcario ou silíceo).

Familia: Rosaceae
Xénero: Sorbus

Distribución: Europa, Asia occidental, norte de África. Na Península Ibérica é abundante no norte e diminúe cara o sur. Dende o nivel do mar ata os 2.200 m de altitude.

Follas: caedizas, simples, alternas, de bordo serrado, con face verde glabrescente (sen pelos) e envés branco polo tomento que presentan. Nervios moi marcados e peciolo tomentoso.

Flores: pentámeras, hermafroditas, de cor branca e reunidas en inflorescencias de tipo corimbo. Florece na primavera.

Froito: tipo pomo, carnoso, de cor vermella, comestible pero de sabor acedo e de consistencia fariñenta. Maduran no outono.

Observacións: A madeira do mostallo é empregada para facer pezas de artesanía e a súa leña é de boa calidade. Os froitos son comestibles aínda que acedos, utilízanse na medicina polas súas propiedades expectorantes e serven de alimento para as aves.