Prunus padus L.

Pau de san Gregorio, cerezo aliso

O pau de San Gregorio é un arbusto ou pequena árbore de folla caediza, pólas de cheiro desagradable e sen espiñas, indiferente ao tipo de solo aínda que prefire os silíceos. Resistente á seca e tolerante á sombra.

Familia: Rosaceae
Xénero: Prunus

Distribución: Europa, Asia occidental, norte de África. Na Península Ibérica é abundante na zonas montañosas do norte, centro e oeste. Dende os 500 ata os 2.200 m de altitude.

Follas: caducas, alternas, simples, lixeiramente serradas, con dúas glándulas de cor vermella ou negra no peciolo, face lampiña (sen pelos) e envés con algúns pelos nos nervios.

Flores: pentámeras, bisexuais, de cor branca, moi olorosas e agrupadas en racimos colgantes moi vistosos e aromáticos. Florece na primavera despois de que as follas broten.

Froito: carnoso de tipo drupa, parecido a unha cereixa pequena de cor negra ao madurar, comestible pero de sabor amargo.

Observacións: Uso ornamental pola súa vistosa floración. A súa madeira é de cor parda avermellada, fácil de traballar, de grao fino e empregada en tornería.
Os seus froitos son comestibles pero amargos se se consumen crús. Son alimento de aves. Usos medicinais.