ACER PSEUDOPLATANUS L.

Pradairo, arce sicomoro

O pradairo é unha árbore caducifolia de crecemento rápido nos primeiros anos e que pode chegar ata os 25 m de altura. A súa casca é lisa, de cor gris e coa idade despréndese en placas. Resistente ao vento e ao frío e indiferente ao tipo de terreo (silíceo ou calcario). Esixente en humidade edáfica.

Familia: Aceraceae
Xénero: Acer

Distribución: Centro e sur de Europa e sudoeste de Asia. Abundante no norte da Península Ibérica. Dende o nivel do mar ata os 1.800 m de altitude.

Follas: caedizas, simples, opostas, grandes, palmeadas (5 lóbulos), peciolo vermello moi longo, bordo dentado, de cor verde escuro pola face e verde clara ou glauca polo envés, sin látex.

Flores: pentámeras, mestura de flores unisexuais e hermafroditas, pouco vistosas, de cor amarela-verdosa, agrupadas en racimos axilares colgantes. Florece na primavera.

Froito: doble sámara, aquenio con dúas ás converxentes que facilitan a dispersión polo vento. Maduran ao final do verán.

Observacións: A madeira do pradairo é branca, fácil de traballar, lixeira, dura e de boa resistencia mecánica. Moi prezada en ebanistería, carpintería e tornería. Uso ornamental pola súa sombra.