Calluna vulgaris L. (Hull)

Queiroga, brezo común, brecina

Arbusto de ata 1,5 m de altura, moi ramificado dende a base. Solos acedos e moi pobres en nitróxeno.

Familia: Ericaceae
Xénero: Calluna

Distribución: Europa e NW de África. Dende o nivel do mar ata os 2.700 m de altitude. Norte e Oeste da Península Ibérica. Frecuente en Galicia.

Follas: lineares-ericoides, perennes, opostas decusadas, sésiles, coa base lobulada e adherida ás ramas, densamente imbricadas (moi próximas, chegando a solaparse), polo que as ramiñas son prismáticas cuadrangulares.

Flores: tetrámeras, bisexuais, en racimos termináis unilaterais. A parte vistosa é o cáliz de cor rosada. Florece de maio a setembro.

Froito: cápsula globosa con numerosas sementes no seu interior que se abre por catro valvas.

Observacións: Planta melífera. Utilizada antigamente para facer vasoiras, tellados ou como cortaventos. Uso ornamental.