Erica cinerea L.

Queiroga/carpaza, brezo

Pequeno arbusto sempre verde que pode acadar os 80 cm de altura. Ramas novas con costelas pouco marcadas, de cor pardo-avermellada, con pelos curtos de cor branca que lle dan un ton cincento (cinerea).

Familia: Ericaceae
Xénero: Erica

Distribución: Oeste e centro de Europa. Na Península Ibérica é frecuente na metade norte e máis rara hacia o Este. Dende o nivel do mar ata os 1.450 m de altitude. Especie indicadora de terreos moi acedos e pobres en nitróxeno, xeralmente areosos.

Follas: lineares, perennes, dispostas en verticilos de 3, ás veces con fascículos de follas máis pequenas nas axilas, cos bordos revoltos que non deixan ver o envés (follas ericoides, adaptación á aridez).

Flores: numerosas, en racimos termináis coas flores arredor das ramiñas floríferas, bisexuais, actinomorfas, tetrámeras, corola urceolada de cor rosada, violácea ou purpúrea (raramente brancas), 8 estames encerrados na corola. Florece de abril a outubro.

Froito: cápsula, glabra tetravalva.

Observacións: Antigamente utilizábase para facer vasoiras e como cama para o gando. Bo combustible. Das súas flores obténse un mel moi apreciado. Usos medicinais (diurética, antiséptica, fortalecedor dos músculos, etc.). Uso ornamental.