Sambucus nigra L.

Sabugueiro, saúco

O sabugueiro é un arbusto ou pequena árbore de folla caediza e de crecemento rápido, de densa follaxe, a casca do tronco e suberosa e as ramiñas novas son ocas e con médula branca no seu interior. Pode alcanzar os 5-7 m de altura.

Familia: Caprifoliaceae
Xénero: Sambucus

Distribución: Europa, oeste e sudoeste de Asia. Medra en toda a Península Ibérica sendo máis abundante na metade septentrional. Dende o nivel do mar ata os 1.800 m de altitude.

Follas: caedizas, opostas, compostas imparipinnadas, con 5-7 foliolos de cor verde escura e bordo serrado, con algúns pelos no envés e rematados nunha punta longa. Ao esmagalas desprenden un olor intenso e desagradable.

Flores: pentámeras, bisexuais, pequenas pero moi vistosas, de cor branca e aromáticas, agrupadas en inflorescencias corimbiformes planas. Florece na primavera.

Froito: carnoso de tipo baga de pequeno tamaño, de cor vermella ao principio e negra brillante ao madurar no verán, con 2-3 sementes.

Observacións: Madeira de pouca calidade. As ramas ao ser ocas utilízanse para facer chifres, flautas, etc. Uso medicinal das flores e dos froitos. Uso ornamental pola súa floración.