Salvia officinalis L.

Sarxa, Salvia

Planta arbustiva sempre verde de ata 60 cm de altura moi aromática e moi ramificada.

Familia: Labiatae
Xénero: Salvia

Distribución: orixinaria dos Balcáns e naturalizada na España mediterránea.

Follas: opostas, branquecinas, de nerviación moi reticulada, pelosas.

Flores: pentámeras, bisexuais, con corola bilabiada de cor azul ou violácea.

Froito: seco tipo aquenio.

Observacións: As follas, ricas en esencias, empréganse en uso interno para combater a sudoración excesiva, regularizar a menstruación, como tónico dixestivo e para baixar a febre. Externamente, como vulnerarias, cicatrizantes e antirreumáticas. As follas, de sabor lixeiramente amargo son utilizadas para aromatizar todo tipo de carnes. Forma parte do “bouquet garni”, mixtura de herbas que se usan para aromatizar caldos e estofados, e tamén das coñecidas “herbas provenzales”, usadas amplamente no sur de Francia como condimentarias. Tamén son utilizadas para aromatizar aceites e vinagres. Moi utilizada como planta ornamental.