Sorbus domestica L.

Serbal común, serbal común

O serbal común é unha árbore de folla caduca que pode alcanzar os 20 m de altura. A súa casca é agretada e de cor gris. As xemas son viscosas e sen pelos e o xineceo ten 5 estilos, características que permite distiguilo de Sorbus aucuparia L., conxemas secas e tomentosas e 3 estilos. Moi resistente ás xeadas e á seca estival.

Familia: Rosaceae
Xénero: Sorbus

Distribución: sur de Europa, oeste de Asia e norte de África. Abundante na Península Ibérica, sobre todo na metade oriental. Raro en Galicia. Dende zonas baixas ata os 1.700 m de altitude.

Follas: compostas imparipinnadas (11-15 foliolos serrados cando menos na metade superior), con pelos cando son novas e sen pelos ao madurar, de cor verde grisácea pola face e tomentosas polo envés.

Flores: pentámeras, bisexuais, brancas, agrupadas en inflorescencia de tipo corimbo. Florece na primavera.

Froito: carnoso de tipo pomo, verdes cando son novos e amarelos ou vermellos ao madurar. Comestibles.

Observacións: A súa madeira é dura e de cor branca, moi utilizada en tornería e para a fabricación de mobles. Os froitos son comestibles e con eles elabóranse marmeladas, licores, etc.