Erica arborea L.

Uz branca, brezo blanco

Arbusto moi ramificado que en Galicia pode chegar ata os 4-6 m de altura, a casca do talo e ramas é de cor parda e fibrosa e despréndese en tiras alongadas. As pólas novas están cubertas de pilosodade branca. Especie de solos acedos que aparece nos claros de carballeiras, faiais e piñeirais e tamén nas matogueiras seriais, especialmente en ambientes umbríos e húmidos.

Familia: Ericaceae
Xénero: Erica

Distribución: Rexión mediterránea, Norte e Leste de África. Especie común na Península Ibérica. Dende o nivel do mar ata os 2.000 m de altitude. Frecuente en Galicia.

Follas: simples, perennes, erecto – patentes, lampiñas, persitentes, dispostas en verticilos de 3 ou 4, cos bordos revoltos cara o envés (lineares-ericoides).

Flores: moi pequenas, tetrámeras, bisexuais, con corola en forma de campá de cor branca, en inflorescencia de tipo umbela situadas no extremo das ramas laterais.

Froito: seco, de tipo cápsula que se abre por 4 valvas.

Observacións: Antigamente utilizábase para facer vasoiras. Bo combustible. A súa madeira, dura e densa, úsase en tornería e ebanistería. As súas cepas (lignotuber) utilízanse para fabricar pipas de fumar. Das súas flores obténse un mel moi apreciado. Uso ornamental.