Cytisus striatus (Hill) Rothm.

Xesta mansa, escobón morisco, xesta castiza

Arbusto que pode chegar ata os 4 m de altura, con talos moi ramificados e ramiñas percorridas lonxitudinalmente por 8 costelas en forma de T. Aparece nos claros de carballeiras, campos abandonados, noiros e nas beiras dos camiños.

Familia: Leguminosae
Xénero: Cytisus

Distribución: Oeste da Península Ibérica e norte de África. Na Península Ibérica podemos atopala no ocidente. Dende o nivel do mar ata os 1.400 metros de altitude. Frecuente en Galicia. Silicícola.

Follas: caducas, alternas, face glabra e envés cuberto de pelos finos e curtos, as follas superiores dos talos novos son unifoliadas e sentadas e as inferiores trifoliadas e pecioladas.

Flores: solitarias ou xeminadas (en parellas), hermafroditas, zigomorfas (en bolboreta), pentámeras, de cor amarela, estilo enrollado en espiral. Florece de abril a xuño.

Froito: legume curta, hinchada, moi peluda, cuberta de pelos brancos.

Observacións: Antigamente utilizábase para facer vasoiras. Plantouse na Galicia oriental en rotación longa con cultivos de cereais, para enriquecer o solo en nitróxeno e aproveitar a súa leña que é un bo combustible.