Dentro das accións dos proxectos  LIFE inclúese o establecemento de redes con outros proxectos. Esta acción é unha parte importante do proxecto LIFE Lugo+ Biodinámico, para promover o intercambio de experiencias e boas prácticas entre cidades de solucións de adaptación das contornas urbanas.

Neste marco, o 6 de xuño, organizouse unha reunión por videoconferencia entre os proxectos LIFE Lugo+ Biodinámico e LIFE CERSUDS, entre os técnicos dos coordinadores do proxecto, Concello de Lugo e Instituto da Tecnoloxía Cerámica

LIFE  CERSUDS Sistema de Drenaxe Urbana Sustentable de Cerámica está a desenvolver un sistema urbano de drenaxe sustentable (SuDS), é un proxecto de Valencia, que utiliza material  cerámico de baixo valor comercial como sistema  filtrante de pavimentación, que consiste nunha superficie  premeable cuxa pel estará formada por un sistema innovador, de baixo impacto ambiental. O obxectivo principal deste proxecto é mellorar a capacidade de adaptación das cidades ao Cambio Climático e promover o uso de infraestruturas verdes nos seus plans urbanísticos. Para iso está a deseñar e  implmentando o SuDS.

A reunión mantida entre os dous proxectos foi moi produtiva, dando a coñecer os avances dos dous proxectos e expondo unha colaboración para incrementar a  replicabilidad e  transferibilidad dos resultados de cada un. Entre outros aspectos acordouse a implementación demostrativa e experimentación do SuDS, con probas específicas, en Lugo, na área de actuación do proxecto  LIFE Lugo+ Biodinámico

Animámosvos a visitar a páxina web de LIFE  CERSUDS http://www.lifecersuds.eu e apuntarvos ao seu boletín de noticias para mantervos informados dos avances deste bonito proxecto  LIFE radicado en Valencia.