O LIFE Lugo + Biodinámico pon a disposición de todas as veciñas e veciños a documentación final do Plan Biodinámico.

O Plan Biodinámico é un desenvolvemento que ten como vontade servir de marco urbanístico para deseñar o Barrio Multiecolóxico da Garaballa. Esta planificación recolle toda a documentación previa, información de servizo e proxeccións futuras do proxecto.

A través do Plan Biodinámico establécese o desenvolvemento urbano do proxecto, que ten a súa orixe na posta en valor da madeira local e a xestión sostible dos bosques. Con este plan se identifican, tamén, o conxunto de solucións para a adaptación climática dos espazos nas cidades sendo o control destes criterios o eixo central da planificación das futuras áreas residenciais da cidade de Lugo.

Grazas a este desenvolvemento nacen proxectos coma o edificio Impulso Verde e xurde a planificación do Barrio Multiecolóxico que se erguerá na Garaballa e que servirá como modelo de construción e exemplo de planificación urbana para o resto de desenvolvementos que se leven a cabo na cidade de Lugo e para o resto de cidades de tamaño medio de Europa.

A través desta páxina, a cidadanía ten ao seu dispor o documento completo do Plan Biodinámico, xunto con todos os mapas de accións e a planificación do futuro desenvolvemento das áreas nas que se vai desenvolver o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.

Lembra que, se es veciño ou veciña de Lugo, podes facer achegas e aportacións ao Plan Biodinámico a través deste enderezo electrónico: lifealcaldia@lugo.gal