Dende o LIFE Lugo + Biodinámico estamos realizando unha enquisa a todas as veciñas e veciños de Lugo e a súa contorna, para saber cal é a apreciación colectiva sobre a incidencia do cambio climático na cidade e na provincia.

A enquisa, que é completamente anónima, pode realizarse a través desta ligazón e todas as respostas recollidas servirán para realizar un diagnóstico urbano, social e ambiental da área de intervención do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.

Esta enquisa está recollida dentro das accións incluidas na planificación previa á creación do Barrio Multiecolóxico do noso proxecto, polo que a participación e as suxestións de toda a veciñanza son de vital importancia para o desenvolvemento do proxecto.

Agradecémosche a túa colaboración contestando e difundindo a enquisa!

Tags: