Presentación Impulso Verde

Presentación do edificio Impulso Verde, o primeiro edificio público de Galicia construido enteiramente en madeira galega e paso inicial para o desenvolvemento do primeiro barrio multiecolóxico de España.

Celebrarase no Salón de actos do Centro de Empresas e Innovación Nodus do Concello de Lugo (Avenida da Coruña número 500 -o antigo cuartel de Garabolos-). Participarán a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro e o director de PEMADE, Manuel Guaita, responsable do equipo técnico que desenvolve o proxecto do edificio Impulso Verde.