A alcaldesa de Lugo Lara Méndez concedeu o pasado luns 30 de maio unha entrevista a La Voz de Galicia na que debulla polo miúdo a estratexia verde impulsada polo Concello dentro da que se atopa o LIFE Lugo + Biodinámico.

Nesta entrevista de case 20 minutos destacan principalmente as accións relacionadas coa mellora da sostibilidade da cidade, a posta en marcha do Catálogo de Solucións Urbanas Sostibles GUD-Lugo, os avances do Barrio Multiecolóxico e a aposta pola madeira como material construtivo que ten o Impulso Verde como exemplo xa levantado na cidade.

A entrevista completa pódese ver na web de La Voz de Galicia.

Tags: