O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico estará presente na X Feira da Castaña, Biocastanea 2019, que se celebrará en Ponferrada dende o 11 ata o 17 de novembro, organizada pola Mesa del Castaño del Bierzo. Esta feira conta, coma en anos anteriores, con obradoiros para profesionais do sector, sesións de divulgación para todos os públicos e feira de mostras e degustación de produtos. Na pasada edición, o LIFE Lugo + Biodinámico xa estivo presente cunha exposición na que se presentaban as accións desenvolvidas ata o momento.

No apartado profesional desta edición, Castañicultor, Pablo Antonio Fraga, enxeñeiro agrónomo e socio do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, impartirá unha palestra o venres 15 pola tarde chamada “Establecimiento de un ‘Souto’ con variedades gallegas tradicionales de castañas en entorno urbano. Proyecto LIFE LUGO + BIODINÁMICO”, dentro das sesións adicadas á Xestión de Soutos.

As xornadas técnico-científicas de Biocastanea teñen como obxectivo a promoción e revitalización do sector da castañicultura, concienciando deste xeito sobre a importancia da supervivencia das especies propias de cada zona e no conxunto de España, dentro do marco da Unión Europea, como elemento cultural, paisaxístico, ambiental e económico, transferindo o coñecemento acadado mediante proxectos de investigación coma o LIFE Lugo + Biodinámico ao tecido social e empresarial de cada rexión.
O prazo de inscrición para asistir aos obradoiros e charlas profesionais aínda está aberto.