A fin de semana do 20 e 21 de setembro celebrouse en Lugo o CaudalFest, un festival de música organizado polo Concello de Lugo. Ao longo das dúas xornadas que durou o festival, artistas da talla de Marea ou Xoel López fixeron bailar e gozar da música a máis de 32.000 asistentes.

O proxecto LIFE Lugo + Biodiámico estivo presente no Caudal Fest, colocando un stand onde se facilitou información sobre todas as iniciativas que se están a desenvolver na cidade, a todos os asistentes que o visitaron ao longo das dúas xornadas do festival.

O Caudal Fest, o festival verde urbano de Lugo, situouse no xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, na beira do río Miño, e rodeado de elementos históricos e patrimoniais coma a Ponte Romana e as Termas. Este festival, que acaba de pechar a súa segunda edición, reafírmase como punto de encontro e harmonía entre a natureza, a historia e a música.

Tags: