O centro Europe Direct Lugo acolleu este pasado xoves 16 a xornada “Hortas urbanas e agricultura ecolóxica, Lugo cara a unha alimentación máis sostible“.

As charlas estiveron impartidas por Carlos Brea Pallares, enxeñeiro agrícola e Máster en Calidade e Medio Ambiente, que falou da importancia do coidado das hortas para a mellora do produto e da calidade de vida das persoas que o consumen, e Luis Ruiz García, profesor titular da Escola Técnica Superior de Enxeñería Agronómica, Alimentaria e de Biosistemas e responsable do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico na Universidade Politécnica de Madrid (UPM), que salientou o labor deste proxecto á hora de incorporar a agricultura ecolóxica, as hortas urbanas e os coñecementos extraídos delas dentro da proposta do Barrio Multiecolóxico.

A xornada completa pode volver verse a través da canle de Facebook do centro Europe Direct Lugo.