O LIFE Lugo + Biodinámico lanza, como xa fixera no ano 2019, unha enquisa a través da cal a cidadanía pode amosar o seu nivel de coñecemento sobre o proxecto europeo. Con este formulario se busca, ademais, coñecer a sensibilización que ten a veciñanza sobre os efectos do cambio climático e a pegada que na sociedade están a deixar as diferentes accións do LIFE Lugo + Biodinámico.

A enquisa, que se cumprimenta de xeito completamente anónimo, pode realizarse en galego e en español e todas as respostas recollidas serán empregadas para valorar o impacto que está a ter sobre a cidade de Lugo o LIFE Lugo + Biodinámico. Ademais, a información recollida a través deste formulario servirá tamén para medir o labor que dende o Concello de Lugo se está a levar a cabo co obxectivo de sensibilizar á poboación en materia de mitigación climática e posta en valor do novo modelo de cidade, á vangarda en urbanismo sostible.

Esta enquisa, coma a realizada no 2019, está recollida dentro das accións incluidas na planificación e desenvolvemento do Barrio Multiecolóxico, polo que a participación e as suxestións de toda a veciñanza son de vital importancia para o desenvolvemento do proxecto. Estará activa para cumplimentarse entre os días 15 de setembro e 14 de outubro.

Dende o LIFE Lugo + Biodinámico agradecemos a colaboración de toda a veciñanza de Lugo contestando e difundindo esta enquisa.