O Programa LIFE vén de organizar entre os días 15 e 17 de novembro as xornadas “Beautiful, sustainable, together: LIFE in the New European Bauhaus“, unha serie de conferencias para presentar os proxectos que baixo o amparo do Programa LIFE e Horizon 2020 teñen como eixo principal a sostibilidade e a mellora da calidade de vida das cidades e vilas europeas.

Na segunda xornada, que tivo lugar o 16 de novembro, presentouse o proxecto ante o público durante a 3ª sesión, “Sustainable cities and districts”. A súa intervención puido seguirse de xeito presencial e telemático. Podes volver vela a través da nosa canle de Youtube:

A #NewEuropeanBauhaus, ou a nova Bauhaus europea, é unha iniciativa interdisciplinaria que busca crear un espazo de encontro e diálogo para deseñar a vida futura na Unión Europea aunando arte, cultura, inclusión social, ciencia e tecnoloxía. A iniciativa quere trasladar o Pacto Verde ata a cidadanía, implicándoa para buscar un xeito común de imaxinar e construír “un futuro máis sostible, inclusivo e fermoso para o corpo e alma de toda a sociedade“.

Imaxe: twitter @y_meroz